Medallas de Galicia. 1993 - Xunta de Galicia


Medallas de Galicia. 1993 - Xunta de Galicia

Play all audios:


Presidente da República de PortugalFillo do ministro de Colonias da I República portuguesa e fundador do Colexio Moderno de Lisboa, João Lopes Soares, feito que marcará desde moi novo a súa


vocación política, realiza os seus estudos universitarios nas facultades de Letras e Dereito de Lisboa.Durante o seu exilio francés foi docente nas universidades de Vincennes, Rennes e A


Sorbona.Desde 1957 exerce como avogado e consegue unha grande proxección internacional como representante da familia do Xeneral Humberto Delgado, candidato á Presidencia da República


asasinado en España pola policía política do ditador Salazar. Como consecuencia da súa actividade é encarcerado 13 veces, deportado sen xuízo, en 1968, á illa de São Tomé, e obrigado a


exiliarse en 1970.Mário Soares é unha figura clave para comprender a historia recente de Portugal. En 1973, en Alemaña, funda o Partido Socialista Portugués. Vicepresidente da Internacional


Socialista, entre 1974 e 1986, é varias veces ministro nos primeiros gobernos tras a Revolución dos Caraveis. Tres veces primeiro ministro e dúas veces presidente da República portuguesa, é


o impulsor da adhesión á CEE.Mario Soares participou en numerosas comisións de organismos internacionais e actualmente segue en activo, a través da Presidencia da Fundación que leva o seu


nome.Autor de 13 libros sobre historia de Portugal e teoría xurídica e política, Mario Soares foi recoñecido, ademais de coa Medalla de Ouro de Galicia, co Premio Europeo Robert Schumann, co


Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional e cos doutoramentos honoris causa de 36 universidades de todo o mundo, entre outras distincións.