Adaptación do posto de traballo por motivos de saúde - Xunta de Galicia
Play all audios:

A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, establece que o/a empresario/a garantirá de xeito específico a protección dos traballadores e traballadoras que, polas súas
propias características persoais ou estado biolóxico coñecido, incluídos aqueles que teñan recoñecida a situación de minusvalidez física, psíquica ou sensorial, sexan especialmente
sensibles aos riscos derivados do traballo.
A tal fin, deberá ter en conta os devanditos aspectos nas avaliacións dos riscos e, en función destas, adoptará as medidas preventivas e de protección necesarias.
Os/as traballadores/as non serán empregados/as naqueles postos de traballo nos que, a causa das súas características persoais, estado biolóxico ou pola súa minusvalidez física, psíquica ou
sensorial debidamente recoñecida, poidan eles/elas, os demais traballadores/as ou outras persoas relacionadas coa empresa poñerse en situación de perigo ou, en xeral, cando se encontren
manifestamente en estados ou situacións transitorias que non respondan ás esixencias psicofísicas dos respectivos postos de traballo.
Para dar cumprimento a este precepto, o persoal da Xunta de Galicia poderá solicitar a adaptación/cambio de posto de traballo por motivos de saúde empregando os seguintes formularios: