Instrucións operativas - xunta de galicia
Play all audios:

As instrucións operativas son documentos técnicos dirixidos á realización de actividades específicas nas condicións idóneas de seguridade e saúde laboral. Nestes momentos o Servizo de
Prevención de Riscos Laborais ten dispoñibles as instrucións operativas para: * Fumigacións: requirimentos esixibles ás empresas que efectuarán unha fumigación co obxecto de previr riscos
laborais derivados da aplicación de tratamentos DDD (desinfección, desinsectación e desratización) con praguicidas en locais de traballo. * Electricidade estática: información sobre como se
xera a electricidade estática, así como os problemas derivados dela, e como evitala, centrándose principalmente nos traballos de oficina.