Introdución - Xunta de Galicia

Introdución - Xunta de Galicia

Play all audios:


Este manual de identidade corporativa responde aos criterios que se fixan no Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da


Xunta de Galicia.


Neste documento inclúense os aspectos constitutivos da identidade visual que conforman a imaxe corporativa institucional da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ten por obxecto


a definición e regulamento dos usos e aplicacións dos símbolos corporativos da Xunta.


Os elementos básicos desta identidade son: o escudo, elemento protexido pola Lei de Símbolos de Galicia e que actuará como unidade mínima de identificación, o logotipo corporativo formado


pola expresión Xunta de Galicia e unha tipografía propia, a Xunta Sans, que será pública e accesible a todo o mundo. A súa conxugación fará posible a representación visual da marca Xunta de


Galicia e de todas as marcas que compoñen a arquitectura institucional.


O manual de identidade corporativa é un documento de uso ineludible na aplicación dos elementos de identidade corporativa que nel se definen, dado o seu carácter normativo. Pero sobre todo,


é una guía de consulta á que se debe acudir para garantir o bo uso da imaxe gráfica da Xunta de Galicia de de todas as marcas que forman parte da administración autonómica.


O seguimento das pautas reunidas neste manual sobre os usos permitidos e non permitidos de símbolo e logotipo garante que non se distorsionará a identidade visual da Xunta de Galicia, así


como as normas de convivencia con logotipos e identidades pertencentes a outros entes e organismos integrantes do sector público galego.


Todas as reproducións que se fagan dos diferentes elementos do manual deberán ser sempre copia fiel do orixinal e das súas posibles versións, e produciranse sempre coa mellor calidade que


ofreza o soporte no que se plasmen, sexa impresión, en pantalla, etc.


As pezas non definidas neste manual realizaranse respectando os criterios xerais e o estilo marcado por este.


O seu uso é obrigado para todos os departamentos da Xunta de Galicia na definición de elementos gráficos de comunicación, así como para os fornecedores de soportes gráficos, como: axencias


de publicidade, estudios de deseño gráfico, imprentas, creadores audiovisuais, etc.